Onte quedamos a tomar un par de cañas cuns amigos profesores, non eran de A Estrada, nin sequera de Galicia, pero as cousas son perfectamente extrapolables a calquera colexio ou instituto. Falando sobre os nenos, queixábanse de que os de agora teñen menos capacidade lectora e moita menos capacidade de concentración, incluso para escoitar.
E que notaban unha diferencia entre os lectores e os non lectores. Máis alá de que os primeiros se podían deixar levar polo grupo, por suposto, nos momentos en que podía estar a clase atenta, os lectores eran capaces de estar atentos mais rápido, e atender mellor ás tarefas e explicacións.
Así que non deixamos de recomendar que os nenos lean, facede todo o posible por logralo. Non sabemos como vai evolucionar a sociedade, o coñecemento e o emprego; pero creemos, estamos convencidos, de que ler ben, ler rápido, e entender o que se lee, seguirán sendo cualidades altamente funcionais durante toda a súa vida.
Deixamos unha ligazón a un pdf sobre a importancia da lectura nos nenos: https://fundacionsaludinfantil.org/wp-content/uploads/2017/12/HernandezLombardo2017.pdf