Premios

Os «Premio Nacional de» son premios que os distintos ministerios dan, cada ano, para obras destacadas no seu ámbito. Van dende a enxeñería civil ata o periodismo, e obviamente tamén hai varios para todo tipo de artes. Son seguramente os premios mais prestixiosos tras o Cervantes e os Princesa de Asturias.
 
Vivimos unha idade de ouro para a literatura galega. O Premio Nacional de Literatura ten como gañadoras vixentes a tres escritoras galegas nas súas respectivas categorías:
 
Narrativa: Marilar Aleixandre
Poesía: Yolanda Castaño
Literatura dramática: Paula Carballeira
 
…e xa víñamos dun éxito parecido en anos anteriores:
 
Premio Nacional de Poesía: Olga Novo (2020), Pilar Pallarés (2019)
Narrativa: Xesús Fraga (2021)
Ensayo: X. M. Núñez Seixas (2019)
Poesía Joven: Ismael Ramos (2022), Alba Cid (2020)
Literatura infantil y juvenil: Antonio García Teijeiro (2017), Ledicia Costas (2015)
 
Fotos sacadas da Wikipedia. O texto é unha modificación sobre unha publicación de Jorge Mira (para aclarar o que son os Premios Nacionáis).
 
Hai que ler escritores galegos, porque temos un nivelón espectacular. E a ser posible no idioma orixinal no que escribiron.
 
P.D. E non me resisto, aínda que non sexa literatura, a engadir que a película galega «o corno» acaba de ganar a Palma de Ouro de San Sebastian, unha película en galego gañando un dos certames mais prestixiosos de Europa.

 

Más Novedades