Castro Valente está entre Padrón e A Estrada (San Miguel da Barcala), na beira sur do Ulla, nunca contorna de fortes pendentes.
Dende alí pódese controlar toda a Ría de Arousa, o cruce do Ulla en Pontecesures e Padrón. E dende alí o paso ao val de Vea en A Estrada. Eso permitía
É unha fortaleza altomedieval e o que a fai tan sobresaínte é o seu tamaño: 110.000 metro cadrados ou, nas medidas mais utilizadas hoxe en día: como un enorme cadrado de catro campos de fútbol de lado (16 campos de fútbol en total). A muralla exterior tiña mais de 1200 metros de lonxitude, e tería mais de 30 torreóns de forma cadrada e semicircular. Era un enorme castelo.
Nunca das portas do castelo atópase a Fonte de San Xooan, restos dunha antiga ermida que foi trasladada mais abaixo, á Capela de San Xoan de Caeiro.
O Castro Valente foi citado por Murguía na súa Historia de Galicia, escrita en 1865 e describíao como «Como a una legua al nordeste de Iria hay un formidable castro que aún conserva parte de la muralla que lo rodeaba».
No 2020 fíxéronse unha serie de sondaxes na zona, pero requeriríase unha excavación en toda regra.
Se é que se pode, porque agora mesmo o que está previsto para alí son catro aeroxeradores, unha subestación, e unha liña de alta tensión pola ladeira do monte.
Tweet Comparte