Presentación do libro póstumo «60 no poemas» de Roberto Vázquez Magán, este venres en A Estrada.

Hai algo que parece unir a xenialidade coa inestabilidade mental.
 
Sylvia Plath era unha poeta xenial, algún día teremos que falar dela. Suicidouse con 31 anos, tiña problemas de depresión.
 
Virginia Woolf era o que hoxe coñecemos por bipolar, tamén sufriu depresión. Suicidouse con 59 anos.
 
Moitas outras persoaxes do mundo da cultura terminaronse suicidando: Rigaut, Pizarnik, Marilyn, Robin Williams, Hemingway, Avicii, Zweig… E moitos outros viviron entre depresións e adiccións: Poe, Dickens, Lowell, Van Gogh.
 
Tamén existen moitos casos de xente das artes que adoraba os seus cans: Neruda, Capote, Alberti, Aleixandre, Dalí, o propio Hemingway, McCartney, Frida Khalo…
 
Roberto Vázquez Magán xuntaba todo iso, menos a fama. Saía coas cadelas a pasear, e escribía, e pelexaba cos seus demos interiores como boamente podía.
 
Este próximo venres, estaremos na presentación do seu libro póstumo: «60 no poemas», ás 8 da tarde no teatro principal. Estará a súa familia e o noso alcalde. O acto estará dirixido por Suso Souto, e será presentado polo xornalista Paco Lobatón.
 
E ogallá un día a saúde mental neste país, sobre a que temos falado moitas veces dende esta humilde libraría, esté dotada abondo para que Galicia deixe de estar á cabeza dos índices de suicidios, non somos tantos, non nos podemos permitir que se nos vaian mais.
 
#aestrada #leeralaluzdeunfaro #galicia #libraria

Más Historias Faro