Un bosque comestible

A Galicia rural desaparece, pouco a pouco.

Algo que acontece por todos lados é que morre un vello nunha aldea, e a familia non sabe qué facer coa casa nin coas leiras que deixa atrás. Familias que teñen traballos incompatibles co oficio de agricultor. Moitas veces acontece que deixan as leiras para que as traballe outro veciño, pero ao final tamén ese veciño as deixa.

Prantar patacas, ou trigo, é complicado. Se non tes tractor na casa tes que pagar para que che traballen a leira, e engadir abonos, e ao final non sae a conta porque o que sacas polas patacas ou pola fariña non compensa os gastos. Poñer unha hortiña é mais doado e na primavera podes ir despois de traballar ou os fins de semán a prantar unhas xudias e uns tomates, os días longos e cálidos invitan. Pero logo durante o inverno non vas, e cando queres volver a facelo a horta está chea de silvas e cada vez apetece menos. E despois están os netos, que xa non aprenderon a sachar a horta nin teñen interese en aprender, e esa horta non vai durar unha xeración mais. E que rematan vendendo todo ou convertíndoo en eucaliptais porque lles da uns poucos cartos sen ter que facer nada.

Nesta situación atópase Manuel, un amigo da libraría, e coma él moitos mais, tanto na comarca da Estrada como en toda Galicia. E él acaba de tomar unha decisión, importar aquí un modelo que é bastante popular noutras latitudes: facer un bosque comestible. Falamos con él e co seu proxecto.

– Cómo surxiu a idea?

– No meu caso foi porque esta primavera a miña nai, xa octoxenaria e coas súas dores reumáticas, decidiu que deixaba de traballar a horta. O resto da finca xa está a prado para que pasten as ovellas do veciño. Pensei que chegaba a hora de tomar o relevo, pero eu teño o meu traballo, e as miñas dores de costas tamén, e non quería facer algo que requerise moitas horas de traballo nin moito esforzo físico. E vendo algún youtuber inglés e unha youtuber chinesa, que teñen bosques comestibles e fan bo uso deles, pensei que se podía aplicar aquí.

– Cal é a avantaxe dun bosque sobre unha prantación de patacas ou unha horta tradicional?

– Prantar patacas require fresar e vesar, a horta igual. Ambas requiren abonos porque as prantas de crecimento rápido e con gran rendimento de froitos ou bulbos requiren moitos nutrintes, o que require aportalos á terra ano tras ano. Un bosque sostense a sí mesmo, e de moi longa duración. Require traballo poñelo en marcha, pero despois é autosustentable. As árbores collen nutrintes das capas baixas da terra e lévanas ás follas e aos froitos. As follas caen e cos insectos e microorganismos apodrecen e xeran novos nutrintes. A follaxe e os froitos atraen paxaros que cagan e tamén aportan nutrintes. Todo esto require un esforzo os primeiros anos, o esforzo de prantar e coidar, e aportar algo de abono ao principio. Pero non require pagar un tractor para traballar a terra. Ao cabo duns anos, se todo foi ben, como moito tes que aportar algo de abono se non tes compost, pero non require moito mais traballo.

E é rendible?

– Iso verémolo, eu penso que sí pero parto con pouca idea así que todo se andará. Un bosque sustentable inclue moitas cousas, pero se o fas ben, tes froita fresca todo o ano. Agora en inverno laranxos e mandarinos, incluso os caquis se che gusta esa froita. Antes no outono tiñas as castañas ou os froitos do bosque. A finais do inverno xa tes mazás, e logo dende a primavera a principios do outono tes un montón de froitas a elexir. Aínda que só prantes froiteiras, paga a pena, se coma min che gusta a froita, ao cabo do ano gasto moito mais en froita que en patacas ou fariña, así que a pouco que funcione xa lle saco mais rendimento ao bosque que a unha prantación de patacas tradicional. 

– Pero perdes a horta, que da moito.

– Na casa temos un arcón conxelador, un luxo que moita xente xa non pode ter nas cidades por espazo. Cada ano cando remata a tempada de horta remata cheo de zenorias, xudias, tomates… todo conxelado. E regalamos bastante porque non temos onde almacenar todo. Esa temporada temos moito, pero logo o resto do ano pouco, e as hortalizas conxeladas van ben en guisos e cousas así, pero non teñen o sabor do fresco. O bosque pode ofrecer menos horta, pero mais fresco e todo o ano.

– Pero só froita.

– Depende de se tes a leira pechada ou non. Un bosque sustentable pode dar moitísimo en moitas alturas, pero se non o vas a atender algunhas non pagan a pena porque virán os coellos ou os xavaríns a comercho. Pero se o tes pechado podes prantar dende o subsolo, coma setas e bulbos tipo zenoria ou patacas, logo en superficie podes ter xudías ou fabas, variantes mais rústicas do tomate ou fresa silvestre, logo arbustos comestibles como arandaneiras. Podes ter unha zona emparrada para uvas e kiwis, árbores pequenos tipo mandarinos, e por riba deles outros mais grandes coma castaños ou nogais. Tes catro ou cinco niveis de alimentación e se o fas ben, se equilibras todo, todo pode ser productivo. Coida, eso sí, de ter os frutais ao sol, pero hai moitas outras cousas que medran en semisombra. 

– Setas?

– Sí. As árbores e os hongos son grandes amigos. Tanto que poden crear unha relación simbionte. Chámase micorrizado. Por exemplo, os boletus micorrizan coas frondosas como castiñeiros e carballos, os hongos conéctanse coas raíces das árbores e proporciónanlle diversos beneficios coma a protección frente aos ataques doutros hongos e unha maior capacidade de asimilación de nutrintes. A cambio as árbores ofrécenlle azúcares sintetizados nas súas follas. E ambos saen fortalecidos. Si se fai ben, podes ter unha gran colleita de castañas e outra de boletus, e o rendimento é moi alto. Pero é que ademais debaixo desos castaños e por riba de onde se extenden os hongos podes ter unhas fresas silvestres, e unhas arandaneiras.

– E é doado todo iso?

– Noutros países hai bastantes coñecementos adquiridos e experiencia. Eu por aquí non a vexo nin a teño eu mesmo. Tiro de libros e internet e vou aprendendo. O bo é que esto permite erros e rectificacións. E sen invertir moitos cartos. E cando eu canse, aos meus fillos ou netos quedaralles algo que non lles pedirá moito tempo e que poderán aproveitar. E como teño pensado misturar árbores alimentarias con outras que sexan moi bonitas, tipo arces ou liriodendros, zonas de flores, outras de especias aromáticas, e outras que destaquen polo colorido na primavera, espero que ademais dun bosque comestible sea un sitio acolledor e que eso os empurre a continuar coindándoo.

– Webs ou blogs para seguir?

– De bosques comestibles non hai moito en castelán, hay más en inglés, pero sempre é mais complicado porque tes que aprender a xerga. Eu vou collendo ideas dunha ducia de sitios, pero custa porque non hai nada que esté pensado e organizado para comezar dende cero. E en moitos casos hai moitas cousas que se dan por sabidas, como identicar falta de nutrintes, como facer esquexes, frecuencias de regado, identificación de pragas, outros dan por feito que vives ao lado e tes compost caseiro para abonar… A miña recomendación é comezar por libros de xardinería e horticultura porque todo eso está organizado e explicado, todos os conceptos básicos para poder comezar. Un bo par de libros son fundamentais.

– Algunha recomendación en concreto?

– Sobre bosques comestibles non sei de ningún, se cadra haino e eu non o coñezo. Eu comecei por «Manual técnico de jardinería. Establecimiento y mantenimiento».  E tamén «árboles frutales, planificación y diseño». E tamén «Plantas silvestres comestibles» porque vou tentar usar variedades de plantas mais rústicas, que aguantan mais que os frutais e as hortalizas mais industrais, que son mais productivas pero requiren moitos mais coidados. Tamén «Manual práctico del huerto ecológico». Pero seguro que hai cen libros polo estilo, eu como non tiña moita idea, comecei por esos. Este ano saiu «bosques y jardines de alimentos» e resultou moi entretido tamén. Hai incluso unha editorial especializada: «Ediciones Fertilidad de la Tierra». Ler sobre o tema convertiuse en hobby. E unha vez ollados esos libros, algún deles en profundidade, é cando ten sentido ir mirando cousas na internet porque como xa tes unha base moi sólida, o que lees encaixa nos ocos e aporta novas ideas, pero é un coñecemento novo que xermina sobre chan abonado, valga a metáfora.

– Algún sitio para ver como che vai.

– A miña idea é documentalo nunha páxina de Facebook á que chamei «El nombre del mundo es bosque», copiando o título dun libro de Úrsula K. Le Guin. Pero polo de agora non hai moito porque comezarei a prantar en Febreiro. O que vou é poñendo enlaces a webs que teño en conta para documentarme, como complemento aos libros que merquei.

E ata aquí a entrevista. Deixamos os enlaces aos libros nomeados:

– Bosques y jardines de alimentos: https://www.libreriafaro.com/es/libro/bosques-y-jardines-de-alimentos_J690060018

– Manual práctico del huerto ecológico: https://www.libreriafaro.com/es/libro/manual-practico-del-huerto-ecologico_J690060016

– Plantas silvestres y comestibles: https://www.libreriafaro.com/es/libro/plantas-silvestres-comestibles-nueva-generacion_0900860014

– Plantaciones frutales. Planificación y diseño: https://www.libreriafaro.com/es/libro/plantaciones-frutales-planificacion-y-diseno_6870280014

– Manual técnico de jardinería, establecimiento y mantenimiento: https://www.libreriafaro.com/es/libro/manual-tecnico-de-jardineria-establecimiento-y-mantenimient_6870480001

– Libros de la editorial Fertilidad de la Tierra: https://www.libreriafaro.com/es/editorial/fertilidad-de-la-tierra-edicio/J69/

– O muro do proxecto de Manuel: https://www.facebook.com/omeubosque

Más Historias Faro